VIGO / LUGO.- O envellecemento poboacional é causa fundamental, con certeza : Lugo (5,86 por mil) está á cabeza de España en canto á taxa de natalidade máis baixa. Outra provincia galega, Ourense, rexistra tamén unha das taxas de natalidade máis baixas (do 6,16 por mil só por detrás de Lugo e Zamora (6,09). Para o caso lucense, o resultado desta situación é un saldo vexetativo negativo de -2.830, seguíndolle en Galicia a provincia de Ourense, con -2.632 habitantes. Tamén A Coruña ofrece cifras anuais preocupantes no negativo con -2.418. Pontevedra, sen chegar ao positivo mostra un índice vexetativo moito máis favorable se se compara coas outras tres provincias galegas (-117). Deste xeito, é Pontevedra, precisamente, a provincia galega que menor taxa de mortalidade ten (9,09 por mil), así como a que maior taxa de natalidade rexistra (8,97 por mil). Fontes especialistas en estatística coincidiron en sinalar que son, precisamente, os municipios costeiros os que maior capacidade de xeración de emprego teñen e por tanto os que mostran un maior crecemento vexetativo. De aí tamén que dos 11.149 matrimonios habidos en Galicia en 2006, a maior parte correspondesen ás zonas costeiras : A Coruña, con 4.813, e Pontevedra, con 4.066. Con todo, Ourense e Lugo ficaron en 1.151 e 1.119, respectivamente, debido probablemente á evidente falta de substitución xeracional. viernes 20 de junio de 2008
Pontevedra, a provincia galega con menor taxa de mortalidade : presenta o mellor índice vexetativo
VIGO / LUGO.- O envellecemento poboacional é causa fundamental, con certeza : Lugo (5,86 por mil) está á cabeza de España en canto á taxa de natalidade máis baixa. Outra provincia galega, Ourense, rexistra tamén unha das taxas de natalidade máis baixas (do 6,16 por mil só por detrás de Lugo e Zamora (6,09). Para o caso lucense, o resultado desta situación é un saldo vexetativo negativo de -2.830, seguíndolle en Galicia a provincia de Ourense, con -2.632 habitantes. Tamén A Coruña ofrece cifras anuais preocupantes no negativo con -2.418. Pontevedra, sen chegar ao positivo mostra un índice vexetativo moito máis favorable se se compara coas outras tres provincias galegas (-117). Deste xeito, é Pontevedra, precisamente, a provincia galega que menor taxa de mortalidade ten (9,09 por mil), así como a que maior taxa de natalidade rexistra (8,97 por mil). Fontes especialistas en estatística coincidiron en sinalar que son, precisamente, os municipios costeiros os que maior capacidade de xeración de emprego teñen e por tanto os que mostran un maior crecemento vexetativo. De aí tamén que dos 11.149 matrimonios habidos en Galicia en 2006, a maior parte correspondesen ás zonas costeiras : A Coruña, con 4.813, e Pontevedra, con 4.066. Con todo, Ourense e Lugo ficaron en 1.151 e 1.119, respectivamente, debido probablemente á evidente falta de substitución xeracional.
Vigo e Moaña abrirán neste 2008 os seus centros de día para enfermos de Alzhéimer
VIGO.- Vigo e Moaña deben abrir os seus centros de día de titularidade pública para enfermos de Alzhéimer -centros impulsados pola Xunta-, neste mesmo ano. Santiago acaba de facelo xa. Este centro santiagués, situado na residencia da Terceira Idade "Volta do Castro", é o primeiro dos once que conformarán a rede galega de centros de día que Vicepresidencia porá en marcha en distintas cidades. Está previsto que as instalacións de Vigo, Moaña, Ribeira, Ferrol e Lugo abran este mesmo ano. Estes centros públicos funcionarán de oito da mañá até as 20.00 horas, con dereito a almorzo, xantar e merenda, segundo o horario que se adapte mellor ás súas necesidades, incluída a opción de xornada ininterrompida. Outra das vantaxes que ofrecen estes centros en Galicia é que un vehículo se desprazará a diario aos domicilios dos afectados para trasladalos ás residencias, un método que facilitará aínda máis a vida dos coidadores, os outros afectados pola enfermidade. Estes centros de día de Alzhéimer contarán cunha coordinadora e un equipo de auxiliares de clínica específicos. Tamén, os usuarios terán fisioterapeuta, psicólogo e terapeuta ocupacional, ademais dun equipo de médico e enfermeiras.
Vigo presenta o maior índice
de nenos asmáticos por alerxias
VIGO.- A cidade viguesa leva a dianteira... O Mapa de Prevalencias das Enfermidades Alérxicas Infantís en Galicia sinálao. Vigo rexistra en España a maior porcentaxe de menores asmáticos por alerxias. Son un 18,5 por cento dos pequenos en idade pediátrica quen padecen esta doenza. Así se pon de manifesto que a asma é a enfermidade crónica máis prevalente na cidade entre os máis pequenos. Os resultados obtidos no estudo, elaborado ao longo de dous anos por varios pediatras de Atención Primaria, reflicten que a incidencia nos nenos vigueses é tan alta como nos paises anglosaxóns, onde se rexistran as maiores porcentaxes de afección (20%). Das causas non é difícil falar : a humidade -provocada pola proximidade ao mar- é unha das principais razóns. Curiosamente, a incidencia da asma nos nenos da Coruña é menor que nos de Vigo. A cidade herculina rexistra un 15,2 por cento de nenos entre 13 e 14 anos que son asmáticos por alerxias. Nas cidades do interior galego, a prevalencia descende. En Lugo sofren asma por alerxias o 9,6% dos nenos, e en Ourense o 8,6%. O Servizo Galego de Saúde xa anunciou a formación dunha comisión para elaborar o plan de asma de Galicia. "O sistema sanitario terá que irse adecuando a esta realidade e este plan, cuxo desenvolvemento levará como mínimo dous anos, pero que servirá para vehiculizar o que o sistema debe facer con estes nenos afectados", explicou o doutor Luciano Garnelo.
Unha "Carta de Calidade de Vida" marcará un futuro mellor para os vigueses
VIGO.- O ano 2009 non vai finalizar sen que Vigo teña en vigor un serio compromiso, unha "Carta de Calidade de Vida". Trátase dun documento-compromiso municipal que marcará camiños para lograr o aumento da calidade de vida da cidadanía na próxima década. "Vigo camiña con paso firme cara ao futuro. E este pasa, entre outras cousas, por mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns". Con este obxectivo, o tenente de alcalde, Santiago Domínguez Olveira, anunciou a redacción da Carta Viguesa da Calidade de Vida. "A finalidade do proxecto é clara: trazar a ruta a seguir para que dentro de dez anos os cidadáns vigueses multipliquen a súa calidade de vida", explicou o tenente de Alcalde. Domínguez Olveira advertiu que o proxecto conta con varias fases: "nunha primeira, a desenvolver até decembro de 2008, realizarase unha análise dos servizos que ofertados hoxe en día na cidade. Despois, o resultado someterase á consulta cidadá. Por último, en abril de 2009 redactarase o informe definitivo. Nos traballos participarán todas as concellerías dependentes desta tenencia de alcaldía e aquelas que queiran sumarse", detallou o edil. (Na foto, dun acto recente, vemos a Santiago Domínguez Olveira acompañado pola Conselleira de Cultura, Anxela Bugallo)
jueves 19 de junio de 2008
Importante avance en España : taxas de curación de até un 80% para leucemias e linfomas producidos en nenos
OVIEDO.- Melloras, avances e resultados positivos. Xa estamos nun 80% de taxas de curación para as leucemias e os linfomas non Hodgkin producidos nos nenos. Así o certifica María Jesús Antuña, que é oncóloga do Hospital Central de Asturias e que foi presidenta do comité organizador do I Congreso da Sociedad Española de Hematología e Oncología Pediátricas, que rematou no final de maio de 2008, na capital do Principado de Asturias. A doutora Antuña cifrou entre un 70 a 80 por cento as taxas globais de curación dos tumores en nenos, porcentaxe que iguala a España cos países máis avanzados. As leucemias son os máis frecuentes, seguidas dos tumores do sistema nervioso central e dos linfomas non Hodgkin. O prognóstico das enfermidades oncolóxicas é sensiblemente máis favorable nos nenos que nos adultos. A doutora Antuña explicou que os tratamentos de quimioterapia dispoñibles demostraron unha considerable eficacia mesmo nos casos nos que o tumor xa se mostra como estendido, o cal aforra ao miúdo o recurso á radioterapia e a cirurxía. (Fonte : Sociedade Española de Hematología e Oncoloxía Pediátricas / diario A Nova España. Imaxe : a doutora Antuña -na dereita- xunto ao seu colega, a doutora María Galbe )
A identificación externa das farmacias galegas xa está regulada pola Xunta
VIGO.- As Farmacias, en Galicia, terán unha mesma aparencia externa. Os propios farmacéuticos así o desexaban. A Xunta acaba de aprobar unha normativa reguladora. O Consello de Goberno da Xunta aprobou así un decreto no que se establece a aparencia externa que deben ter as boticas galegas, co que se pon fin a unha carencia legal que era unha preocupación dos Colexios de Farmacéuticos, que finalmente acordaron as novas normas co Goberno autónomo. Deste xeito, todas as farmacias galegas, independentemente de onde se atopen, deberán mostrar unha cruz verde nas súas fachadas de dimensións de 90 cm por 90 cm como máximo, que deberá estar iluminada coincidindo co horario de funcionamento do local. Deberá mostrarse tamén o nome do titular da farmacia, a sigla de control de Sanidade e, de maneira optativa, pode precisar a especialización do establecemento, "sempre que a oficina teña unha autorización correspondente para esa actividade". No que se refire á publicidade, o decreto da Xunta establece que só poderá figurar a relativa a produtos e actividades dirixidas á prevención da enfermidade, promoción da saúde e uso racional dos medicamentos ou produtos sanitarios que teñan a publicidade expresamente autorizada.
Ourense ten o maior índice de mortalidade; Galicia, a segunda comunidade con maior índice de pasamentos
OURENSE.- Non só é a provincia galega con maior índice de mortalidade, senón que lidera tamén esta estatística en España. Falamos de Ourense que cos 4.671 falecementos rexistrados no ano 2006 sitúase xa como a provincia española con maior taxa de mortalidade (14,11 por mil) -a media nacional é dun 8,43 por mil-, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Como era de esperar, no caso ourensán, as principais causas de falecemento seguen sendo as enfermidades cardiovasculares, que están relacionadas co envellecemento poboacional, e -por suposto- os tumores, que provocaron 1.718 e 1.244 pasamentos, respectivamente. A taxa de mortalidade móstranos que, por provincias, por detrás de Ourense e Lugo (cun 13,97 por mil), están Soria (12,67), Zamora (12,49) e Avila (12,42). No lado oposto figura Las Palmas, con 6,06, así como Mellilla, Ceuta, Madrid, Santa Cruz de Tenerife e Almería (ningunha chega ao 7 por mil). Por comunidades, as estatísticas do INE sitúan ao Principado de Asturias á cabeza en mortalidade, cunha taxa do 11,67 por mil, seguida de Galicia, cun 10,80 por mil, Castela e León (10,54) e Aragón (10,26).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
